(I) Cantos teñen gran coita de amor no mundo como a que eu hoxe teño quererían morrer, seino eu, e sentirían gozo con iso; mais mentres eu vos vexa, miña señora, sempre eu querería vivir e esperar e esperar...

(II) Porén, xa non podo sobrevivir, porque xa cegan os meus ollos por vós e Deus non me auxilia nesta situación, nin vós; mais, por non vos mentir, en canto eu vos vexa, miña señora, sempre eu querería vivir e esperar e esperar...

(III) E coido que obran con insensatez cantos están coitados polo amor ao quereren a súa morte se non recibiron nunca ben do amor, como me pasa a min; e, señora, por iso sempre eu querería vivir e esperar e esperar...