(I) Cantos entenden, miña señora, a coita que por vós me vén e o moi pouco que iso vos importa, todos fican marabillados de que eu non poida dalgunha maneira impedir ao meu corazón, por todo isto, que vos ame.
(II) Marabíllanse, miña señora, e eu deles, por non desexaren ningún outro ben no mundo senón o voso, se Deus algunha vez dispuxo mostrarvos a eles ou que ouvisen falar de vós, (III) porque, se vos viron, miña señora, ou vos souberon coñecer, Deus!, como puideron tamén vivir máis no mundo desde ese momento, senón aflixidos coma min por tal coita cal a que hoxe eu teño por vós, que nunca perderei?
(IV) Nin a perderá, miña señora, quen vexa a vosa fermosura; mais conviralle sufrir por iso como eu fixen desde que vos vin; e o que non faga así, se dixer que vos viu, sei moi ben que non llo hei crer, (1) mais hei crer a quen deixe todo outro ben por vos desexar a vós, a quen sempre desexarei.