(I) Cantos hoxe aquí andan no mar coidan que non hai coita no mundo máis que a do mar, nin teñen outro mal; mais doutra maneira me acontece hoxe a min: a coita de amor faime esquecer a moi gran coita do mar, e considerala (II) como a maior coita de cantas existen a coita de amor, a quen lla Deus quere dar; e é gran coita mortal a do mar, mais non é tal, e por esta razón a coita de amor faime esquecer a moi gran coita do mar, e considerala (III) como a maior coita, abofé, de cantas foron nin son nin serán; e estoutros que non teñen amor din que non, mais eu direi cal é: a coita de amor faime esquecer a moi gran coita do mar, e considerala (1) como a maior coita aquela que fai esquecer a coita do mar, que a moitos fai morrer.