(I) Todos os que hoxe coñezo que tolearon por amor din, así Deus me deixe ter ben, que a mellor dona de cantas existen no mundo lles fixo perder o sentido; se é verdade, eu xa coñezo esa dona, pois tal dona, así Deus me perdoe, non existe no mundo, agás a miña señora.

(II) Aínda vos direi outra cousa: a todos estes lles escoito eu dicir que a mellor dona do mundo os fixo tolear; mais, se é verdade, entón coñezo eu a dona, abofé, pois tal dona, así Deus me perdoe, non existe no mundo, agás a miña señora.

(III) Se verdade é que eles por tal dona que din perderon a cordura, pola mellor do mundo, e están tolos por iso e non teñen gusto por ningunha outra cousa, non están tolos senón pola miña señora, pois tal dona, así Deus me perdoe, non existe no mundo, agás a miña señora.