(I) Que ben se soubo acompañar Noso Señor esta vez, que tomou tan bo compañeiro, do cal vos quero eu contar: o rei Don Fernando, con tanto prez, que tanto ben fixo no mundo e que conquistou de mar a mar.
(II) Tal compañeiro foi Deus encontrar no bo rei, a quen Deus perdoe, que xamais dixo que non a ninguén (á hora de) lle dar algo e que sempre fixo o mellor: por iso o quixo Noso Señor pór consigo ao seu carón.
(III) E canto máis alguén falar del tanto mellor razón achará (para o facer), pois dos reis que houbo e hai no mundo, por gañar boa fama, este foi o mellor rei, que soubo enxalzar a nosa fe e abaixar a dos mouros.
(IV) Mais cando Deus quixo levar o bo rei para xunto de si, alí mesmo se lembrou entón de nós, porque o bo rei don Afonso nos foi dar por señor; e ben nos compensou, pois se nos bo señor levou, moi bo señor nos foi deixar.
(1) E Deus bo señor nos levou, mais, pois nos tan bo rei deixou, non nos debemos queixar.
(2) Mais fagamos tal oración: que Deus, que sufriu morte e martirio, o mande moi ben reinar.
(3) Amén! Aleluia!