(I) Que boas noticias oirá hoxe o meu amigo cando eu lle dixer que o amo máis do que el me ama, e el entón, co gozo que sentirá, non saberá como me agradecer nin que dicirme, con tan gran pracer, (II) porque lle direi que moito mellor que a min mesma o amo xa, nin ca o meu corazon nin ca os meus ollos, así Deus me perdoe; e logo que eu todo isto alí lle dixer, non saberá como me agradecer nin que dicirme, con tan gran pracer.

(III) E direivos outro pracer maior do que vos eu dixen: que hoxe eu lle direi que viva comigo (así non morrerei), e así que eu lle dixer tan gran (mostra de) amor, non saberá como me agradecer nin que dicirme, con tan gran pracer.

(IV) O que el desexa máis que ningunha outra cousa lle direi hoxe logo que o vir, porque lle direi que non podo vivir, de tanto que o amo, e el entón co gozo non saberá como me agradecer nin que dicirme, con tan gran pracer.