(I) Que dó sinto agora dos meus ollos por canto han chorar, despois de que eu os leve, señora, onde non vos verei, pois xa non poderei evitar que choren cando vos eu non vir.
(II) Quixera eu que visen outra cousa e non vos visen a vós estes meus ollos, e non o quixo así Deus; e sei que por iso me virá mal, pois xa non poderei evitar que choren cando vos eu non vir.
(III) O voso fermoso rostro viron en mal día por si mesmos, e en mal día lles tolerei, señora, que o fosen ver, pois xa non poderei evitar que choren cando vos eu non vir.
(IV) Aínda que agora, señora, senten un gran gozo véndovos, o pesar será maior despois, cando non vos vexan, pois xa non poderei evitar que choren cando vos eu non vir, (1) nin os poderei eu librar de chorar cando vos eu non vir.