(I) Que cousa difícil de soportar, señora, para quen ten o desexo de vos ver, non poder de maneira ningunha morar convosco, agás moi pouco (tempo), e entender ben, nese pouco tempo que estiver convosco, señora, que vos dirá pesar se vos dixer algunha cousa.
(II) Iso me acontece a min, a quen Deus quixo dispor que sufrise unha gran coita xa mentres viva, pois a vós vos pesa que eu vos diga canto vos amo; mais a Deus quero rogar así, porque así o preciso: que el me dea a morte se non vos der a vós un corazón tal que iso non vos cause pesar.
(III) E, miña señora, por Deus, que vos fixo falar moito mellor e ser máis fermosa que cantas outras donas quixo facer, por todo este ben que El vos foi dar rógovos eu hoxe por El que, pois El quere que eu vos ame máis que a outra muller, que non vos cause, señora, pesar.