(I) Que difícil me resulta agora, señora, facervos un pracer moi grande, porque me quero ir lonxe de vós vivir e por isto vos veño preguntar: que proveito ten para min facervos a vós pracer e facerme a min, señora, un gran pesar?
(II) Sei que vos prace moito que eu me vaia de aquí, porque dicides que non é bo para vós que eu more preto de vós, e por iso quero que vós me digades outra cousa: que proveito ten para min facervos eu a vós ben e facerme a min, señora, moi gran mal?
(III) Dicides que me tendes desamor porque moro preto de vós, señora, e que morreredes se eu non me for; mais dicídeme xa –que me quero ir–, que proveito ten para min salvarvos eu a vós, señora, e matarme a min, que morro por vivir?
(1) E vós sobreviviredes sen min, miña señora, e eu morrerei desde que non vos vexa.