(I) Amiga, que gran traizón me fixo o meu amigo cando se foi de aquí contra a miña vontade, despois de que llo tiña prohibido; e que queredes que vos diga? Se regresase, eu xa o perdoaría.

(II) Causoume un pesar tan extremo ao se ir de aquí que xurei non lle falar mentres vivise; mais, porque o desexo tanto, se regresase, eu xa o perdoaría.

(III) Ben vos digo, amiga, a verdade diso: que xurei diante del non lle facer ben nunca, e non deixou de se ir por iso; mais, porque teño gran saudade del, se regresase, eu xa o perdoaría.