(I) Canto hai xa que non teño novas do meu amigo, aínda que, amiga, acordou comigo aquí mesmo, onde agora estou, que logo me enviaría unha mensaxe ou que se tornaría.
(II) Moito me tarda, certamente, que non vexo a súa mensaxe, aínda que el me xurou aquí mesmo, así Deus me valla, que logo me enviaría unha mensaxe ou que se tornaría.
(III) E, se vos digo a verdade, el estivo onde agora estou eu, chorando moito e xurándome, amiga, que logo me enviaría unha mensaxe ou que se tornaría.
(1) Mais, pois non vén nin envía unha mensaxe, (ou) está morto ou mentía.