(I) Que gran ben fixo Noso Señor por min o día en que me mostrou unha dona, a quen fixo falar mellor e ser máis bela entre todas cantas creou; e o día en que ma fixo ver El quixo que ficase baixo o seu dominio, onde (El) podía non me dar nunca xa máis ben (II) –non (mo daría) con outra cousa, isto ben o sei– se me permitise que a servise durante algún tempo e non a matase; mais, pois acabou coa súa vida, sufrirei coita sempre en canto viva, pois só pensar na súa fermosura fai que desexe a morte máis do que outra cousa.
(III) E, xa que eu nunca podo esperar obter satisfacción doutra cousa para me consolar, moi ben podo de verdade xurar, por aqueles que din que sofren mal de amor, que non o poden dicir de verdade, porque pensando niso experimentan un gran pracer, algo que a min nunca me chegará.
(1) Nin nunca poderei ter esperanza de agardar algún ben, tal como outros teñen, pois eu nunca poderei recibir o meu ben.