(I) Moitos me preguntarán, cando me agora viren morrer, por que morro, e quero eu dicir canto sobre iso despois saberán: eu morro porque non vexo aquí a dona que non vexo aquí.
(II) E hanme preguntar, seino eu, pola dona para que diga cal é, e xúrovos, abofé, que nunca lles eu máis direi: eu morro porque non vexo aquí a dona que non vexo aquí.
(III) E diranme que viron aquí donas que son moi fermosas, e direilles eu por iso canto agora me ouvistes dicir: eu morro porque non vexo aquí a dona que non vexo aquí.
(IV) E non falo eu das outras mal nin ben, nin sequera falo diso; mais, pois vexo que morro así, digo isto e nunca direi outra cousa: eu morro porque non vexo aquí a dona que non vexo aquí.