(I) Moitos me andan preguntado cal é a dona que amo, se é Joana, se Sancha, se María, se quen...; mais eu ando tan coitado pensando nunha destas tres que vin, para o meu mal, que nin sequera volvo alí nin lles falo, a non ser de tanto en tanto.
(II) E voume afastando por iso de entre a xente con tal de que non me pregunten, abofé, que non por outra cousa, e, ao meu pesar, chámanme e pregúntanme contra a miña vontade cal é a dona que me fai andar por ela na gran coita en que ando.
(III) E marabíllome eu da xente, pois non me han de dar remedio para iso: por que morren así por saber a dona por quen eu vivo coitado? Non lla digo por esta razón, pois, aínda que lla dixese, así Deus me perdoe, infelizmente non me darán solución.
(IV) Por iso todo home que tivese xuízo debería ser consciente disto (de non ir facer nunca tal pregunta), pois por pouco que o fixese, sería amoestado: emendarse niso polo seu propio corazón, que non dixese nunca a outro por propia vontade o que para si non quixese.
(1) E as persoas vanme dicir gran pesar en algo en que nunca han ter proveito, porque me perturban o pensamento.
(2) Mais a aquel que vai facer tal pregunta, Deus o deixe amar unha muller e que tamén sexa por outro preguntado.