(I) Que ollos son os que non teñen vergoña, dicide, amigo doutra, que non meu, e dicide agora, así Deus vos perdoe, pois din que andades con outra, como ousastes vir perante os meus ollos, amigo, por amor de Deus?
(II) Pois a vós ben vos debía lembrar a coita en que vos eu xa por min vin, falso, e (debíavos) lembrar como me portei convosco daquela; mais, pois fostes iniciar relacións con outra, como ousastes vir perante os meus ollos, amigo, por amor de Deus?
(III) Por Deus, falso, mal me agradecestes que vos fose ver, cando morreriades se eu non fose; mais, pois outra vos gañou fronte a min, como ousastes vir perante os meus ollos, amigo, por amor de Deus?
(IV) Non preciso máis do voso amor, e ídevos xa, por Noso Señor, e non veñades nunca onde eu estiver; xa que comezastes relacións con outra muller, como ousastes vir perante os meus ollos, amigo, por amor de Deus?