(I) Que pracer tendes, señora, en me facerdes mal polo ben que vos quixen e quero! E por iso lle pido eu isto a Noso Señor: que vos mude esa má vontade que me tendes tan sen razón.

(II) Tendes pracer polo meu mal, aínda que vos amo máis que a min mesmo; e por iso lle pido a Deus, que sabe canto é o meu mal, así: que vos mude esa má vontade que me tendes tan sen razón.

(III) Moito vos prace polo mal que eu teño, luz destes ollos meus; e por iso lle pido eu a Deus, que sabe a coita que teño, que vos mude esa má vontade que me tendes tan sen razón.