(I) Que proveito vos ten a vós, miña señora, tratárdesme tan mal, pois eu non sei amar outra cousa no mundo nin doutra cousa teño desexo? Dicídeme, que beneficio vos ten?
(II) E que proveito vos ten tratardes tan mal a quen é voso (servidor)? Non vos ten proveito, sen dúbida, e, miña señora, se eu morrer, dicídeme, que beneficio vos ten?
(III) E que proveito vos ten que eu estea sempre por vós con gran sufrimento? E é moi grande, abofé! E, despois de me matar o voso amor, dicídeme, que beneficio vos ten?
(IV) E vós, luz dos meus ollos, ouvirédesvos maldicir por causa de min, se eu por vós morrer. E, señora, polo amor de Deus, dicídeme, que beneficio vos ten?