(I) Canto contra o meu desexo me afastarei hoxe de vós, señora, cando me de vós despida! Como afastarme de canto ben teño e saber ben que, desde que non vos vexa, que nunca xa poderei, onde non vos vexa, sentir gran gozo por cousa ningunha.
(II) Porque entendo que vos pracerá, tereime agora que afastar de vós; mais nunca ninguén estará en tan gran coita como eu estarei mentres more sen vós, pois nunca xa poderei, onde non vos vexa, sentir gran gozo por cousa ningunha.
(III) E rogo eu a Deus, que tan de corazón me vos fixo amar desde que vos vin, que El me torne nalgún momento a onde eu vos vexa, pois ben sei de min que nunca xa poderei, onde non vos vexa, sentir gran gozo por cousa ningunha.