(I) Que saudade teño da miña señora cando me lembro dela tal como a vin e me lembra o ben que a ouvín falar! E por canto ben sei dela, rógolle eu a Deus, que ten o poder para iso, que ma deixe, se lle prouguer, ver (II) cedo, pois, aínda que nunca me fixo ben, se a non vir, non me podo librar de enlouquecer ou morrer de pena; e porque a ten toda ela baixo o seu poder, rógolle eu a Deus, que ten o poder para iso, que ma deixe, se lle prouguer, ver (III) cedo, pois tal a fixo Noso Señor: de cantas outras hai no mundo non fixo outra igual, abofé que non; e xa que a fixo a mellor entre as mellores, rógolle eu a Deus, que ten o poder para iso, que ma deixe, se lle prouguer, ver, (1) pois tal a quixo facer Deus que, se a non vir, non podo vivir.