(I) Que triste está hoxe o meu amigo, amiga, no seu corazón, porque non puido falar comigo nin verme, e ten moita razón o meu amigo en andar triste, após me el non ver e eu lle lembrar.
(II) Triste anda, así Deus me valla, porque non me viu, e é lóxico, e por iso sen dúbida ten moita razón o meu amigo en andar triste, após me el non ver e eu lle lembrar.
(III) Fai moi ben en andar triste, pois non o vin nin el me viu a min nin tampouco recibiu o meu recado; por iso ten moita razón o meu amigo en andar triste, após me el non ver e eu lle lembrar.
(1) Mais, Deus, como pode vivir aínda e non morreu xa con pesar!