(I) Quen ama unha dama sen dúbida debe sufrir todo canto ela lle quixer facer; e, se lle fixer algo que lle cause pesar, ben o debe aturar en paz e mostrar que lle agrada todo canto a ela lle prouguer. 

(II) E, despois de lle ter feito isto, outro consello ha de seguir nesa situación: gárdese ben de que llo saiba, por nada do mundo, ningún home nin muller, porque todo isto é conforme a dereito; e, se alguén non lle fai isto, non precisa de vivir máis. 

(III) Porén, quen a ha de servir canto máis a puider servir, por non a poder manter en segredo, por isto, por que ha de morrer? Non o debe deixar morrer, pois un non ten dominio sobre si mesmo desde que ten gran coita de amor. 

(IV) Mais de que forma poderá os seus ollos afastar dela un home coitado despois de a ver? Porque todo o siso perderá co gran desexo de vela, pois así mo fai perder a min Amor, tan gran coita me dá!