(I) A quen hoxe maior coita ten de amor no seu corazón de cantos del viven coitados, Noso Señor lle poña remedio a iso, se lle a El prouguer, tal que con el lla quite. 

(II) E crede agora unha cousa: que non existe outro, agás eu, que a (coita) tiven desde o intre mesmo en que eu vin por primeira vez, abofé, tal muller a quen agora iso non lle importa nada. 

(III) Porén, xa sempre a amarei máis que calquera outra cousa, mentres eu viva, e rogarei o máis que eu puider rogar a Deus que el ma deixe ouvir falar e ma deixe ver. 

(IV) E se El o quixer facer, logo eu non sentirei coita, pois aínda vos direi máis: logo me poderei librar de nunca xa máis sentir coita nos días que eu viva.