(I) Quen viu o mundo tal como o eu vin xa e viu as xentes que vivían entón e viu estas que hai agora, Deus, cando pensa niso, que pode pensar? Porque eu persígnome cando penso niso, por que non me vou desterrado a algures (por ver) se podería achar un mundo mellor?
(II) Temos un mundo falso e sen pracer, un mundo sen Deus en que o ben non existe, e un mundo tal que non se corrixirá, antes o vexo sempre empeorar: cando eu ollo isto e vexo del o mellor, por que non me vou desterrado a algures (por ver) se podería achar un mundo mellor?
(III) A onde foi a mesura, ou a grandeza onde está? Onde está a verdade? Quen ten un amigo leal? Que foi do amor, ou por que é inútil trobar? A xente está triste e nin sequera quere cantar: cando eu vexo isto e canto mal alí se fai, por que non me vou a algures (por ver) se podería achar un mundo mellor?
(IV) Eu vivo en tal mundo, e faime nel vivir unha dona, que amo moito e que hai xa moito que me ten no seu poder, ben desde o tempo en que soían amar; de hoxe en diante calquera pode saber de min por que non me vou desterrado a algures (por ver) se podería achar un mundo mellor.
(1) Mais, por que vai morar en tal mundo un home honrado que se pode ir lonxe del?