(I) O meu amigo quere de min un asunto, que el xa moitas veces quixo antes: que lle conceda o meu ben, pois xa é tempo; mais, saia como saia para min este feito, concedereille o meu ben, por Santa María, mais non tan cedo como el querería.
(II) E díganlle da miña parte, pois el se anda queixando de min, que non pense que llo demoro por mal; mais, como queira que despois aconteza, concedereille o meu ben, por Santa María, mais non tan cedo como el querería.
(III) El está tan namorado de min e o meu amor o ten tan louco que non pode agardar nin un pouco; mais, en canto teña ocasión, concedereille o meu ben, por Santa María, mais non tan cedo como el querería.
(1) E, como queira que fose, el querería ter o meu favor de calquera maneira.
(2) E ben sei que el non consideraría o que por iso a min despois me pasaría.