(I) Queredes ir, meu amigo, eu o sei, buscar outro consello e non o meu: porque sabedes que eu vos desexo, queredes ir morar (á corte) co rei; mais ídevos agora canto vos quixerdes ir, que despois a min habedes de vir.
(II) Ídesvos vós e fico aquí eu, que moito vos hei desexar sempre; e vós queredes morar (na corte) co rei porque pensades que valeredes máis por iso; mais ídevos agora canto vos quixerdes ir, que despois a min habedes de vir.
(III) Agrádavos moito, segundo dicides, servirme, amigo, aínda que non deixades de ir (servir) ao rei; por tal razón non me podedes ter a min e ao rei (por señores); mais ídevos agora canto vos quixerdes ir, que despois a min habedes de vir.
(1) E, amigo, querédelo ouvir? Non podedes servir dous señores e que ambos teñan algo que vos agradecer.