(I) Quero eu dicir agora xa, con ira, o que nunca pensei dicir, porque me vexo así morrer e porque me vexo perder: e de que me vale morrer así? Ninguén se apiada de min nin sabe a coita que eu teño, nin eu a digo á miña señora!

(II) Quero eu probar a dicir á miña señora o moito que a amo e que non ten par, tanto a podo querer: mais coido realmente facer algo asisado ao ter que me pór na vergoña de lle deber falar diso cando estiver ante os seus ollos?

(III) Caerei nunha gran coita cando eu lle fale dos meus sentimentos por ela e ela me fite cos seus ollos: Noso Señor, e que farei? Non saberei como actuar por medo a que se asañe comigo; mais que faga como quixer, pois eu non me atrevo a vivir máis así.

(IV) Moi infeliz serei se llo agora ocultar, pois vexo que morro de amor: e mais por que llo hei de ocultar ou que é o que hei de temer? Porque xa non me pode facer un mal maior, aínda que me matase, deste que me fai sufrir.

(1) O mundo todo abandonarei e estarei condenado, sen remedio, se ela de si me afastar.