(I) Quero eu facer agora un cantar de amor á maneira provenzal, e quererei nel louvar moito a miña señora, a quen valor nin fermosura non lle faltan, nin bondade; e direivos máis ao respecto: fíxoa Deus tan cumprida de ben que vale máis que todas as outras do mundo, (II) pois Deus quixo facer a miña señora tal, cando a fixo, que a fixo coñecedora de todo ben e de moi gran valor, e alén disto, é moi afábel alí onde debe, e deulle tamén bo siso e, ademais, non lle fixo pouco ben cando non quixo que outra a igualase, (III) pois na miña señora nunca Deus puxo mal ningún, senón que puxo alí valor e beldade e louvor e falar moi ben e rir mellor que calquera outra muller; ademais é moi leal e por isto non coñezo quen poida describir totalmente o seu ben, pois non hai, para alén do seu ben, ningunha outra cousa.