(I) Quérovos eu dicir, señora, por que deixei, hai moito, de vos ver: porque sempre temín o que agora me provocará as coitas, pois vos vexo xa, por ter que vos amar e non me terdes vós en consideración.
(II) E sabede ben, miña señora: deixei por iso de vos ver até agora, porque non tiven forzas para facer outra cousa ao respecto; e vexo que me prexudiquei ao vervos, porque xa eu sei o sufrimento en que por vós me verei.
(III) Aínda que me esforcei, miña señora, en me protexer, non me serviu de nada cando agora estou aquí onde non vos poderei evitar, nin teño poder de fuxir de vós, nin ten necesidade de se defender, señora, quen Deus non quere protexer.
(IV) E xa que Deus, miña fermosa señora, me puxo de tal forma no voso poder, por El, que vos fixo, vos rogo eu –e non é sen causa– que, porque eu vos ame moito, non sintades pena, señora, pois non o poderei evitar.