(I) Miña irmá, quérovos eu rogar por meu amigo e quérovos dicir que non vos pese que el me veña ver; e aínda vos quero doutra cousa desenganar: se vos prace con el, agradeceréivolo, e, se vos pesa, non o deixarei.

(II) Se viñer meu amigo e vos for ben con el, confiarei máis no voso amor e sempre me teredes por iso coa mellor disposición para vós; e aínda vos quero dicir outra cousa: se vos prace con el, agradeceréivolo, e, se vos pesa, non o deixarei.

(III) Cando viñer o meu amigo, descubrirei se me queredes ben ou mal, e, miña irmá, aínda vos direi outra cousa, pois non vos quero ocultar os meus sentimentos: se vos prace con el, agradeceréivolo, e, se vos pesa, non o deixarei.