(I) Quérovos eu agora rogar por Deus, que vos fixo, miña señora: non reparedes no desamor que me tendes nin no pesar que eu vos fago por vos amar, e debédelo de soportar, por Deus e por non me matar, (II) pois nunca vos eu rogarei por outra cousa mentres eu viva, salvo que vos resulte grato, por Deus, señora, isto que sei que agora vos causa pesar, porque vos pesa que eu vos ame, e eu non podo nese asunto facer outra cousa, (III) porque se eu tivese o poder de amar a muller que eu quixese, iría escoller unha dona tal de quen pensase recibir ben; mais de vós nunca o pensei recibir, señora, mais tereino, mentres eu viva, que desexar. 

(IV) E sabede unha cousa: desde que vos vin, miña señora, sempre eu desexei o voso ben e vos ocultei o meu sentimento sobre isto e volo encubrín; mais agora xa por morrer, se vos pesa, ou por vivir, se vos prouguer, volo direi.