(I) Quérovos aconsellar moi ben, mestre Joán, conforme eu entendo, que aínda que teñades un preito con alguén non queirades ser vós quen argumente no xuízo; mais dádelle a voz a outra persoa (que vos substitúa), porque, segundo nós pensamos, ha de tratar con máis amor a vosa onra e todos nós’.
(II) Porén, se quixerdes facer vós a demanda, non a fagades perante o rei de ningún xeito; e direivos por que penso iso: porque nunca volo vexo facer que non pense que tal como o facedes, aínda que o rei se quixese vingar de vós despois, non ten o poder para facelo.
(III) E aínda vos darei outro consello, porque vos quero ben: que nunca usedes a voz no día da Ascensión, nin no día de Nadal, nin doutras festas de Noso Señor nin dos seus santos, porque temo que vos veña moito mal deles.
(IV) Nin na igrexa tampouco vos aconsello que usedes a voz, porque non vos é preciso, pois, se se arma unha pelexa por causa dela, o arcebispo, amigo voso e meu, a quen corresponde facer xustiza no ámbito sagrado e a quen lle pesa moito o mal, se alí se fai, quererá embargarvos todo o que tendes.
(1) E por amor de Deus, estade en paz e deixade de usar a mala voz, pois nin sequera un rapaz o debe facer, nin un xudeu.