(I) Quixérame ir, tal decisión tomei, e fiquei coitado e por iso tornei, e todo aquel que me aconselle ben hame aconsellar que more sempre aquí; por un día que non vin a miña señora, por tanto houben morrer de pesar: quen me quixer véñame aquí buscar.

(II) Todo aquel que coñeza os meus sentimentos non me debe atribuír culpa ningunha por eu morar onde poida ver a miña señora por quen morro, pois non me hei ir de aquí nunca, esperando a lle poder falar: quen me quixer véñame aquí buscar.

(III) Noso Señor, e quen me censurará por vivir aquí? Porque xa pensei en me ir e fiquei coitado como vos direi: que nunca xamais tan coitado será ninguén no mundo, e direivos máis: doutra coita tal me quero eu gardar, quen me quixer, véñame aquí buscar.

(IV) Deus sabe que me quixera ir de boa vontade morar á corte, mais direivos por que deixei de o facer: por Amor, que mo non quixo consentir; e, xa que Amor non me deixa afastarme da miña señora nin deste lugar, quen me quixer véñame aquí buscar.