(I) Rógame hoxe, filla, o voso amigo con moita insistencia que vos rogase que non vos pesase o feito de el vos amar; e por iso vos rogo e vos aconsello que non vos pese que el vos ame, mais non vos mando nese asunto, filla, facer máis.

(II) E cando me estaba falando de vós e me rogaba isto que vos digo, tiven dó del polo moito que choraba; e por iso, filla, vos rogo e vos mando que non vos pese que el vos ame, mais non vos mando nese asunto, filla, facer máis, (III) pois non vexo eu que vós perdades algo en el vos amar de corazón, sen que haxa máis do que iso, senón que saídes gañando; e por isto e pola miña beizón, que non vos pese que el vos ame, mais non vos mando nese asunto, filla, facer máis.