(I) Rogaría eu á miña señora por Deus que me fixese ben; mais teño tan gran pavor dela que non lle ouso dicir nada con medo de que se asañe comigo e non me queira despois falar.

(II) Diríalle eu abertamente como a súa beleza me fai perder o siso; mais non me atrevo, e todo isto me pasa con medo de que se asañe comigo e non me queira despois falar.

(III) Pois Deus tal ventura me deu que en tan gran coita Amor me ten, xa sempre eu serei seu dela; mais non lle hei rogar por iso con medo de que se asañe comigo e non me queira despois falar.