(I) Rogueivos eu, madre, hai moito tempo, polo meu amigo, que tanto amo, que o puidese ver, e a vós non vos prougo; mais, xa que o vin, de corazón lle agradezo a Deus que mo fixo ver e que non teño nada que vos agradecer.
(II) Hai moito tempo, madre, que vos roguei que o deixásedes falar comigo, e non me quixestes outorgar isto; mais, xa que o vin [e lle falei], agradézolle a Deus que mo fixo ver e que non teño nada que vos agradecer.
(III) Vós non quixestes que viñese aquí o meu amigo, onde tiña desexo de o ver, e quixo o Noso Señor que o vise; mais, xa que o vin, agradézolle a Deus que mo fixo ver e que non teño nada que vos agradecer.
(1) Mostroumo Deus e agradoume moito, sen eu ter nada que vos agradecer.