(I) Por Santa María! Roi Queimado morreu de amor nos seus cantares por unha dona que moito amaba; e por se mostrar como moi bo trobador e porque ela non lle quixo corresponder, fíxose el morrer nos seus cantares, mais resucitou despois, ao terceiro día.
(II) Isto fixo el por unha súa señora que ama, e diríavos máis do asunto: porque el coida que así mostra a súa mestría (como trobador), nos cantares que fixo gústalle morrer e logo volver vivir: isto fai el, porque o pode facer, mais ningún outro home o faría de maneira ningunha.
(III) E non ten xa medo da súa morte, senón temeríaa máis; mais sabe ben, pola súa sabedoría, que vivirá despois de estar morto, e faise morrer na súa cantiga; e despois vive outra vez, vede que poder lle deu Deus, quen pensaría tal cousa!
(1) E se Deus me dese a min o poder que hoxe el ten, de vivir despois de morrer, nunca máis temería a morte.