(I) É tempo xa de me afastar da miña señora, porque xa hai tempo que a servín (e) porque perdín o seu amor e me quero ir. Mais antes direille así: «Señora, que fixen para merecer isto, pois eu non vivín peor desde que conseguín o voso amor? 

(II) E teredes que sufrir o gran sentimento de ausencia que vos causarei, e veredes, eu o sei, como podo vivir sen vós, e despois diredes por causa miña: “Pobre de min, por que o perdín? E que farei cando el se vaia a outro lugar servir a outra señora?  

(III) Sentirei a súa falta, tanto que non podo imaxinar como poderei estar sen el. Afastarase de min con resentimento e pensarán que fun pouco sensata porque a un home tal non lle outorguei o meu ben; e a dona que mo acepte por seu (servidor) converterase na miña inimiga.  

(IV) Cada vez que me enfade con el, a meu ver, e o maldiga, se logo a miña veciña mo fose arrebatar e atraer, mal veciño será el; mais non consentirei que iso aconteza, pois non quero quitarlle o que é seu nin tampouco deixarlle o que é meu”».