(I) Lembro eu un tempo en que non me atrevín a dicirlle á miña señora o moito que a amo, porque temía o seu desamor; e agora xa non teño nada que temer, porque ela xa non me fará un mal maior do que me fixo con canto poder ten, pois niso empregou todo o seu poder, (II) con certeza, e naquel tempo dificilmente diría canto agora vou dicir, porque non me atrevía, mais xa me atreverei; e de hoxe en diante, quer se queixe, quer non, aínda que se queixe non me pode causar un afán maior nin un maior pesar nin unha maior coita no meu corazón (III) do que xa me deu, polo que perdín a razón e os meus ollos (perderon) o gozo e o sono; pero eu sempre fixen canto puiden por servila, como se todo este mal fose ben, e servireina en canto eu estiver vivo, pois non teño un desexo tan grande por outra cousa, aínda que lle agrada canto mal me vén.