(I) Lembro agora un tempo, miña señora fermosa, en que eu tiña gran pracer de vivir; mais estou por vós tan coitado de amor que me fai agora desexar a miña morte.

(II) Xa que non tendes dó ningún de min, señora fermosa, en mal día vos vin, porque estou por vós tan coitado desde entón que me fai agora desexar a miña morte.