(I) De grado querería saber, miña señora, así Deus me valla, se sentides algún pracer por todo o mal que me facedes, porque, se sentides pracer con iso, moito ben recibo eu diso: mais como o eu non sei, de que me vale? 

(II) E sabede agora o que vos eu quero dicir: que, se a vós iso vos agradase, me sería moito mellor recibir sempre mal de vós que desa forma recibir xa sempre ben de vós se iso vos prexudicase. 

(III) E quen a min, miña señora, por esta causa me tiver por insensato, direille eu o que ha de facer: non o faga así se non quixer, porque eu sempre evitarei ter máis ben do que hoxe teño se non é polo voso mandado. 

(IV) E Deus nunca me dea ningún ben se iso a vós non vos agrada, o que non fará de ningún xeito se eu o puider saber antes, pois eu de tal ben me privarei e coa miña coita quererei chegar a un acordo co meu corazón.