(I) Así Deus me valla, miña señora, ben querería tolear, porque escoito dicir que o tolo non sabe nada de amor nin do que é mal nin ben, nin sabe temer a súa morte: por iso querería tolear (II) e mais por non sufrir a coita máis grande das que Deus quixo facer, que lla teño que sufrir eu sempre por vós; e rogo a Deus por iso para que me faga perder a cordura e o medo que teño de morrer ou que me non deixe vivir máis.
(III) E que Deus non me deixe vivir se eu non hei de tolear, pois, se vivo, sempre terei coita de amor, direivos cal: gran coita, se Deus non me auxilia, e, se toleo, perderei a gran coita de amor que teño, (IV) pois, des que eu tolee, se verdade din, ben sei que nunca sentirei pesar nin gran coita de amor nin de cousa ningunha, nin coñecerei que é o mal, nin temerei a miña morte: ai Deus, e cando tolearei?