(I) Se teño coita, ocúltoa moi ben, aínda que sufro a maior do mundo por vós; mais de vós teño tan gran pavor que vos direi, miña señora, o que me acontece: teño gran coita; e, por riba, teño que xurar que non teño coita a quen me pregunte por iso.

(II) A vós non ouso dicirvos a gran coita que teño por vós no meu corazón, e, co pavor que teño, así Deus me perdoe, señora, de vos causar pesar, teño gran coita; e, por riba, teño que xurar que non teño coita a quen me pregunte por iso.