(I) Se eu lle dixese ao meu amigo todo canto eu querería facer por el unha vez cando el me veu ver, desde que soubese a verdade sobre isto non tería queixa de min como hoxe el ten nin se iría de aquí.

(II) E se soubese até que punto contra o meu desexo non fixen por el canto eu quixera facer nese momento, amiga, así Deus me perdoe, polo que eu penso, e penso acertadamente, non tería queixa de min como hoxe el ten nin se iría de aquí.