(I) –Se eu, miña filla, for ver o voso amigo porque morre de amor e non pode vivir, iredes comigo alí?
–Por Deus, miña nai, irei!
(II) –Pois tanto vos ama que non pode vivir, dicídeme unha cousa, pois eu alá quero ir: iredes comigo alí?
–Por Deus, miña nai, irei!
(III) –Eu sempre lle vin por vós coita e morte levar, ai filla! E xa que eu vou alí e ninguén vai comigo, iredes comigo alí?
–Por Deus, miña nai, irei!