(I) Se eu morro, ben o busquei, porque tomei tal señora: unha dona de quen xa sei que nunca podo ter ben, e sempre a amarei moito, e é xusto morrer así, (II) (circunstancia) de que me podería librar se dela me soubese protexer; mais tiña gran desexo de lle falar e de a ver, e tornóuseme en gran pesar, e é xusto morrer así.

(III) Cando a vin por vez primeira moi fermosa, se eu de alí fuxise e alí non tornase, así podería vivir máis; porén, non pensei que fose así, e é xusto morrer así.

(IV) Cando a tomei por señora, non me mostraba desamor, e agora ten moito pracer en saber axiña da miña morte, porque fun o seu amante, e é xusto morrer así.

(1) E terá gran pracer cando agora me vexa morrer.