(I) Se eu puidese desamar a quen sempre me desamou, e puidese algún mal buscar a quen sempre me procurou mal, así me vingaría eu se eu puidese dar coita a quen sempre coita me deu.
(II) Mais non podo eu enganar o meu corazón, que me enganou, por canto me fixo desexar a quen nunca me desexou; e por isto non durmo eu, porque non podo dar coita a quen sempre coita me deu.
(III) Mais rogo a Deus que desampare a quen así me desamparou, ou que eu puidese perturbar a quen sempre me perturbou, e logo durmiría eu se eu puidese dar coita a quen sempre coita me deu
(IV) Ou que me atrevese a preguntar, a quen nunca me preguntou, por que me fixo nela pensar xa que ela nunca pensou en min; e por isto sufro eu, porque non podo dar coita a quen sempre coita me deu.