(I) Se eu puidese ir onde está a miña señora, xúrovos que querería ir alí, mais non podo nin se me dispón así, e, por isto, agora, abofé, tal coita teño que non podería vivir se non fose o desexo que teño de a ver.

(II) Isto me fixo vivir desde o momento en que eu me afastei de onde estaba a miña señora, mais agora teño un gran desexo de ir alí, e non podo, e no meu corazón tal coita teño que non podería vivir se non fose o desexo que teño de a ver.

(III) E se non fose isto, non sei de cousa ningunha que me puidese salvar da morte cando non a vexo; mais eu penso ir onde ela está, e non podo: por iso eu tal coita teño que non podería vivir se non fose o desexo que teño de a ver.