(I) Se eu puidese agora, señora, forzar o meu corazón e vos puidese dicir canta coita me facedes sufrir por vós, coido eu, así Deus me perdoe, que teriades dó de min.
(II) Porque aínda que me facedes mal, señora, e nunca me quixestes facer ben, se soubésedes canto mal me vén por vós, coido eu, por Deus todopoderoso, que teriades dó de min.
(III) E aínda que é moi grande o desamor que me tendes, se soubésedes canto mal padecín por vós e canta coita, desde que vos amei, abofé, señora, que teriades dó de min (1) e mal sería se así non fose.