(I) Así vos alegredes por min, amigo, a quen amades, falade agora comigo, por Deus, e non mo neguedes: amigo, por que andades tan triste ou por que chorades?
(II) Pois eu non sei como podo entender por que estades triste, así Deus me protexa de mal, moito quería saber, amigo, por que andades tan triste ou por que chorades.
(III) Todos andan brincando –estes con que adoitades divertirvos–, por Deus, e que demo tedes? Amigo, por que andades tan triste ou por que chorades?