(I) Se vós, Don Fulano, dicides que deverades de casar con muller de maior status que esa que vós tendes, dicides o que vos peta, pois para vós, certamente, ela, que tan boa é, é ben abondo fidalga.
(II) Aínda que vós pensedes que, como recompensa do (voso) señor, deberiades casar mellor, señor, nunca o digades, pois se tomarades muller para vós sen nada, tan igual coma ela, que tanto vale, é fidalga para vós.
(III) Xa que estades tan ben casado, non debedes dicir outra cousa sobre iso, senón agradecer moito a Deus un casamento tan honrado, pois para vós, xa que vos consideran home de bo criterio, ela, que encarna todo o ben, con certeza é fidalga abondo.